Venres 19 Abril 2024

O Congreso Internacional de Cultura e Poder estuda en Santiago o fenómeno das migracións

O Congreso Internacional de Cultura e Poder estuda en Santiago o fenómeno das migracións

A mobilidade e os movementos migratorios, con especial énfase nos novos modelos de (e/in)migración e a súa representación na literatura, os medios de comunicación e as artes visuais, é o eixo do congreso inaugurado en Santiago e organizado polas tres universidades galegas en colaboración co Instituto Universitario Amergin (UDC), o Instituto Franklin (UAH), a Iberian Association for Cultural Studies (IBACS) e a Fundación Araguaney Puente de Culturas.
Especialistas dos cinco continentes debaterán durante tres días no congreso “Novas tipoloxías de (e/in)migración: mobilidade e espazos transculturais. XX Congreso Internacional Cultura e Poder’ sobre aspectos como política e mobilidade; internacionalismo, transnacionalismo e transculturalismo; (E/In)migrantes, exiliados, expatriados, refuxiados e solicitantes de asilo; Migración, identidade, cidadanía e pertenencia; Subversión de fronteiras espaciais e corporais; (E/In)migración nun contexto anterior e posterior á crise; Asia e África na literatura das migracións ou movementos anglo-indios, entre outros moitos temas.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Samaín, unha festa galega: “Hai ritos ligados a Halloween, pero son nosos dende centos de anos”

Moitos costumes desta celebración asócianse á tradición americana, con todo, teñen a súa orixe na cultura celta e en Galicia

O ‘efecto Tanxugueiras’, a estudo: “As reivindicacións das mulleres son máis serias que as dos homes”

A xornalista e filósofa Rebeca Baceiredo presentará en Texas a súa investigación sobre autorepresentación da identidade na música galega actual

‘Habelas hainas’: lendas, ritos e tradicións de San Xoán

A partir da medianoite do próximo venres, as cacheiras iluminarán Galicia para celebrar o novo ano solar na noite máis mística do ano

Os hórreos, candidatos a converterse en patrimonio inmaterial

Varias asociacións culturais de Galicia, Asturias, León, Cantabria, País Vasco, Navarra...