congreso ciencias deporte

O Congreso Internacional de Ciencias do Deporte reúne 300 investigadores en Pontevedra

Congreso Internacional de Ciencias do Deporte e da Saúde. Esta é a nova denominación das xornadas que cada ano impulsan en Pontevedra a Vicerreitoría do campus, o Concello, o Departamento de Didácticas Específicas da Universidade da Coruña e a asociación Sportis Formación Deportiva co propósito de promover unha reflexión sobre as últimas tendencias e innovacións nos mundos do deporte e a actividade física. “Este ano queremos apostar profundamente polo traballo multidisciplinar e cremos que abrir o congreso a médicos, fisioterapeutas, enfermeiros, nutricionistas, psicólogos, docentes ou adestradores pode ser moi positivo para a sociedade, xa que moitas veces se traballa de forma illada e o deporte e a saúde deben ir da man”, salienta Víctor Arufe, director xeral do comité organizador dun congreso que mantén aberto ata o 27 de maio o seu prazo de matrícula e que agarda reunir, na súa décimo segunda edición, a máis de 300 persoas entre os días 2 e 4 de xuño no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Co propósito de achegar a estudantes e profesionais ás “últimas tendencias e estudos sobre diversos ámbitos vinculados a estes dous grandes piares”, o deporte e a saúde, o programa deste congreso internacional abrangue un total de 25 relatorios, nos que participarán expertos de diferentes países e aos que se suma a presentación de máis de 100 traballos de investigación. “É o evento congresual máis importante e con maior continuidade no conxunto do Estado”, salientou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, na rolda de prensa de presentación deste congreso, na que tamén participaron o vicerreitor do campus, Juan Manuel Corbacho; a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro; e o presidente do comité organizador, o profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte José Luís García Soidán.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.