O Congreso GENN 36 reúne a 72 neurocientíficos en Viveiro

Viveiro acolle ata o día 12 o congreso anual do Grupo Español de Neurotransmisión e Neuroprotección, GENN 36, que se celebra no hotel Thalasso Cantábrico As Sirenas, e no que participan 72 neurocientíficos, neurólogos e neurofarmacólogos provenientes de toda España, así como de Estados Unidos, México e Chile.

Ao longo de catro días, e a través de diversos relatorios, abordarán aspectos relacionados coas investigacións ao redor das neuronas e a procura de compostos neuroprotectores en enfermidades neurodexenerativas como o Alzheimer ou o Parkinson. Está coordinado por Iago Méndez López, do Instituto Teófilo Hernando de I+D do Medicamento, departamento de Farmacoloxía e Terapéutica da Universidade Autónoma de Madrid.

Máis información no seguinte enlace:

Programa preliminar

El congreso se desarrollará el propio Hotel Thalasso Cantábrico Las Sirenas, sede del congreso. Miércoles, 09 17:00 Recogida de documentación 18:00-18:30 Bienvenida GENN36 18:30-18:45 Presente, pasado y futuro de la red GENN 18:45-20:45 Sesión 1: Canales iónicos, receptores, transportadores y transducción de señales. 21:15 Cena. Jueves,…

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.