Mércores 24 Abril 2024

O Congreso de Enxeñaría de Sistemas trae a Galicia expertos de Brasil, Arxentina e Portugal

O Congreso de Enxeñaría de Sistemas trae a Galicia expertos de Brasil, Arxentina e Portugal

O World Congress on Systems Engineering and Information Technology reúne en Vigo esta semana investigadores e docentes de enxeñaría de sistemas de Brasil, España, Portugal e Arxentina. Trátase dunha cita internacional que tras o seu paso en 2013 por Porto, nesta edición elixiu Vigo para tres días de debate, mesas redondas, sesións plenarias e conferencias como parte dun foro que pretende ser unha posta en común das investigacións e proxectos que se levan a cabo en diferentes institucións do mundo. O WCSEIT2015 está organizado polo World Council on Systems Engineering and Information Technology, co profesor Claudio da Rocha Brito como presidente do Comité Organizador; a profesora Melany M. Ciampi como presidenta do Comité de Programa Técnico, a vicerreitora Asunción Longo, que preside o comité local e o profesor da EE de Telecomunicación Martin Llamas como coordinador local.
Esta edición está centrada nos desafíos, prácticas e tecnoloxías na era da información e dende este luns ata o mércores, os participantes abordarán temas como arquitectura avanzada de tecnoloxías da información e comunicación; procesos de negocio de enxeñaría e xestión, dirección de empresas e estratexia competitiva; educación en enxeñaría de sistemas e tecnoloxías da información; sistemas de información de saúde; interacción entre o ser humano e os computadores; desenvolvemento de sistemas innovadores e fiables en SEIT; xestión do coñecemento e intelixencia de negocio; novos retos para a gobernanza electrónica, xestión de proxectos e desenvolvemento TIC ou seguridade e privacidade da información.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como de accesible é a rúa na que vives? Compróbao neste mapa

A aplicación 'City Access Map' permite comprobar que servizos están a menos de 15 minutos camiñando nas cidades e areas metropolitanas de Vigo e A Coruña

O Simposio Nacional de Oncoloxía de Precisión insta ao impulso da terapia en Galicia

O evento acolle en Vigo a máis de 40 expertos os días 22 e 23 de febreiro

A UVigo bate récords na captación de fondos nacionais coa consecución de 5,5 millóns de euros para 40 proxectos

A metade dos traballos están vinculados os investigadores dos centros CIM, CINBIO, atlanTTic, Cintecx e Ecobas

A galega Elena Ojea gaña o Premio Fundación Banco Sabadell á Sostibilidade Mariña

A investigadora recibe este recoñecemento polo seu traballo sobre a adaptación e transformación dos sistemas socioecolóxicos mariños