O congreso de Biocaps destaca as incretinas para tratar o obesidade e a diabetes

A nova xeración de fármacos baseados nas hormonas incretinas permitirá unha acción coordinada contra a combinación diabetes-obesidade, denominadadiabesidade, nalgúns casos cunha única dose semanal e coa perspectiva de sumar beneficios sobre outras complicacións de saúde asociadas a esta doenza, como as enfermidades cardiovasculares e as neurodexenerativas.

Os expertos en diabesidade reunidos este xoves en Vigo para o terceiro workshop do proxecto Biocaps coincidiron en destacar as prometedoras vías terapéuticas que se están abrindo na abordaxe farmacolóxica da confluencia das dúas peores epidemias do século XXI nos países desenvolvidos. A incidencia en aumento desta enfermidade impulsou os esforzos de investigación e considérase imprescindible o intercambio de coñecemento sobre os últimos avances, obxectivo prioritario do Instituto de Investigación Biomédica (IBI) ao organizar a súa cita científica anual de maior relevancia.

Máis información no seguinte enlace:

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.