A xornada está dirixida a empresas do sector para coñecer as tecnoloxías que se están a desenvolver no CiTIUS.

A xornada está dirixida a empresas do sector para coñecer as tecnoloxías que se están a desenvolver no CiTIUS.

O CiTIUS organiza unha xornada sobre drones en Santiago

O CiTIUS da USC programou para o vindeiro día 24 a xornada de demostración tecnolóxica ‘UAVlab’, un encontro monográfico destinado a presentar a empresas e institucións as tecnoloxías desenvolvidas no centro no eido dos Vehículos Aéreos Non Tripulados, tamén coñecidos como drones ou  ‘UAVs’ (Unmanned Aerial Vehicles).

Seguindo a estela das recentes edicións do Inside The Lab, a xornada de portas abertas á industria que ao longo dos dous últimos anos atraeu ao centro numerosos actores da contorna científico-tecnolóxica, esta nova proposta pretende agora poñer o foco sobre un ámbito de crecente interese e máxima actualidade social.

No UAVlab os visitantes poderán asistir a demostracións de solucións deseñadas para a pilotaxe autónoma de UAVs mediante visión artificial, a reconstrución 3D da contorna a partires de imaxes ou a identificación de superficies a partir de imaxes hiperespectrais (‘LiDAR’), entre outras.

Todas as solucións amosadas nesta xornada, que se desenvolverá entre as 10 e as 14 horas, teñen o seu fundamento en resultados de investigación punteiros ao máis alto nivel, situándose nalgúns casos coma os mellores do mundo.

Para asistir, só é necesario cubrir o formulario publicado na web do evento. A inscrición permanecerá aberta ata o día 22 de febreiro.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.