Facultade de Ciencias de Lugo. Foto: USC.

Facultade de Ciencias de Lugo. Foto: USC.

O ciclo ‘Ciencia para mozos investigadores’ regresa ao Campus Terra

Unha delegación de alumnado de último curso da ESO no Ies A Pinguela de Monforte reabre este venres a quenda de visitas á Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC ao abeiro do ciclo ‘Ciencia para mozos investigadores’. Este programa de estímulo de novas vocacións científicas entre o estudantado de ensino medio impulsado polo persoal do centro universitario lugués permitirá que preto de 200 estudantes de ensino medio procedentes de cinco centros educativos de Monforte, Castroverde e Lugo cidade visiten do 19 ao 25 de maio as instalacións deste centro universitario lugués e coñezan a súa oferta formativa de grao, ademais de ofrecerlles a posibilidade de desenvolver diversas sesións prácticas e de experimentación nos seus laboratorios de investigación.

A segunda parte deste programa de visitas de escolares deseñado ao abeiro do ciclo ‘Ciencias para mozos investigadores’, cuxa primeira fase celebrada en xaneiro contou coa participación de preto de 300 alumnos/as de sete centros educativos da provincia, desenvolverase os días 19, 22, 23, 24 e 25 de maio, en quenda de mañá, de 10.00 a 13.30 horas. A Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC recibirá nestas datas grupos de alumnado preuniversitario procedentes do Ies A Pinguela, de Monforte, e Leiras Pulpeiro, de Lugo, así como do CPI de Castroverde, e o CPR La Inmaculada-Maristas e Colexio Divino Maestro, da capital luguesa.

As distintas sesións programadas ao abeiro deste ciclo presentan unha estrutura semellante. Así, logo dun breve acto de benvida guiado polo decano da Facultade de Ciencias, José Manuel Martínez Ageitos, distintos profesores e persoal do centro universitario lugués conducirán sesións prácticas nos laboratorios do centro, onde os estudantes preuniversitarios poderán realizar os seus propios experimentos.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.