O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, executou durante o 2015 ata 33 proxectos diferentes de investigación. Ademais, estableceu convenios de colaboración e proxectos de investigación con 20 empresas.
Con máis de 125 anos de historia, o CIAM traballa en materia de investigación, innovación e transferencia en agricultura, gandería e industria agroalimentaria, desde os puntos de vista da produción, a conservación e mellora xenética, a sanidade e o benestar, de maneira que sexa compatible co medio ambiente e a biodiversidade agraria.
Neste ano, algúns dos campos de investigación foron a selección e mellora de variedades autóctonas de cereais, froiteiros, produtos hortícolas, produción de carne ou leite ou proba de produtos fito e zoosanitarios, entre outros.
En 2015, ademais, a actividade investigadora trasladouse ao sector agrogandeiro con máis dun cento de actividades de transferencia, tales como xornadas técnicas, campos de ensaio, comunicacións, congresos, ou publicacións, entre outras