Xoves 18 Abril 2024

O cerebro inflámase vinte anos antes de que apareza o alzhéimer

O cerebro comeza a inflamarse dez anos antes de que aparece o alzhéimer. Así o sinala a investigadora galega Elena Rodríguez Viéitez, nunha investigación desenvolvida no instituto Karolinska de Suecia. O traballo permitiu visualizar os primeiros cambios que se producen no cerebro, moitos anos antes de que a enfermidade produza os primeiros síntomas.

Elena Rodríguez-Viéitez.
Elena Rodríguez-Viéitez.

As causas do alzhéimer seguen a ser descoñecidas para a ciencia. Sábese que a enfermidade empeza co depósito de proteínas beta-amiloide e tau que forman placas no cerebro. E comeza unha dexeneración que culmina coa progresiva destrución das neuronas. Nos últimos tempos, os estudos sinalan ós astrocitos, as células máis abundantes do sistema nervioso e que dalgún xeito exercen de sostén das neuronas. O estudo do Instituto Karolinska de Suecia, publicado na revista científica Brain, ten como primeira autora a investigadora galega Elena Rodríguez-Viéitez, estreita agora o cerco.

Publicidade

Segundo informa La Voz de Galicia, a investigación examinou en vivo o cerebro dun grupo de 52 voluntarios con alzhéimer, tanto nas súas formas hereditaria como esporádica, mediante o uso dun escáner PET (tomografía por emisión de positrones). Isto permitiu visualizar por primeira vez inflamacións no cerebro case vinte anos antes de que aparezan os primeiros síntomas da enfermidade en forma de perda de memoria. Os astrocitos orixinan a inflamación, aínda que logo esta actividade diminúe co tempo, mentres que a formación de placas de proteínas continúa.

Os astrocitos son así un sinal que permitiría unha diagnose temperá do alzhéimer. E tamén unha diana para futuros medicamentos, que impidan a súa acción para inflamar o cerebro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Así se desenvolve o medo no cerebro

Neurobiólogos da Universidade de California descubriron en ratos como a tensión e o abafo convértense en afeccións como o trastorno de estrés postraumático

Por que o cerebro dos vertebrados é tan complexo? A clave está en virus antigos

Uunha secuencia xenética derivada de primitivos retrovirus resulta esencial para producir mielina, a capa que protexe as fibras nerviosas

Un novo test pode detectar o alzhéimer cunha precisión do 90 %

Unha investigación internacional con participación española desenvolveu unha proba que identifica un biomarcador clave chamado p-tau217

Unha técnica biomatemática monitoriza a evolución do dano en accidentes cerebrovasculares

O tecido cortical que aínda mostra actividade nun encefalograma pode estar a sufrir xa a morte irreversible das capas neuronais máis superficiais