O centro tecnolóxico Aimen acolle as xornadas da Semana Internacional do Láser

O centro tecnolóxico Aimen acolle as xornadas da Semana Internacional do Láser

O director da Axencia Galega de Innovación (Gain), Manuel Varela, destacou na apertura da II Semana Internacional do Láser o papel estratéxico que o centro tecnolóxico Aimen, organizador do evento, cumpre para investigar e espallar as últimas tecnoloxías industriais, como nestas xornadas ou o recente Congreso Nacional de Tratamentos Térmicos e de Superficie, unha cita de referencia con tres décadas de traxectoria.
O evento que está a ter lugar no Porriño ao longo desta semana reúne a un cento de expertos e empresarios de España, Alemania, Portugal, Reino Unido, Francia, Austria e Lituania. “Citas especializadas coma esta son unha fonte importantísima de coñecemento e oportunidades de establecer colaboracións internacionais para as empresas e os centros galegos”, subliñou o director da Gain, que lembrou que as tecnoloxías facilitadoras son unha das prioridades da Estratexia de Especialización de Galicia (RIS3) e da Axenda da Competitividade Galicia- Industria 4.0 pola súa capacidade para impulsar a modernización e a diversificación de sectores estratéxicos como o naval e a automoción e tamén para contribuír á construción da fábrica do futuro.
Neste mesmo ámbito da colaboración coa industria, destacou a capacidade de Aimen para servir como axente tractor de alianzas innovadoras, como as catro unidades mixtas nas que participa con empresas punteiras nos seus sectores: por unha banda, Wartsila Ibérica e Vulcano no sector naval, e, por outra, GKN Driveline Vigo e Grupo Copo no da automoción.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A primeira impresora 3D asistida por láser: así queren cambiar o futuro industrial dende O Porriño

O proxecto L3DO, apoiado polo programa Ignicia da Xunta, permitirá fabricar compoñentes máis resistentes, lixeiros e personalizados con termoplásticos de altas prestacións

Imprimir directamente na boca: un proxecto galego busca acelerar a rexeneración ósea dental

Investigadores do CICA desenvolven un biopen portátil para reproducir enxertos en 3D adaptados ao desperfecto de cada paciente

Unha investigación galega propón un tratamento contra a artrose que ataca o envellecemento celular

O proxecto SENPAD desenvólvese no marco da convocatoria Ignicia Proba de Concepto articulada pola Axencia Galega de Innovación

Graziella Almendral, presidenta dos xornalistas sanitarios en España: “A desinformación está gañando”

A farmacéutica Zendal organizou unha xornada no Porriño co gallo da Semana Mundial da Inmunización na que participou a profesional da información