Xoves 28 Marzo 2024

O catedrático Miguel Caínzos, membro de honra do Colexio Americano de Cirurxáns

O catedrático de Cirurxía Miguel A. Caínzos Fernández acaba de ser nomeado membro de honra do Colexio Americano de Cirurxiáns (ACS, polas súas siglas en inglés), recoñecemento outorgado no transcurso do Clinical Congress que esta sociedade cirúrxica celebrou en San Diego esta pasada fin de semana. O ACS foi creado en 1913 por cirurxiáns norteamericanos e canadianos e dende entón tense convertido no máis importante do mundo na súa especialidade con 85.000 membros (fellows), dos que preto de 9.000 son cirurxiáns de 42 países estranxeiros agrupados nun capítulo propio.

O profesor Miguel Caínzos foi aceptado como membro do Colexio en 1997 e tres anos despois foi elixido presidente do capítulo español, cargo que ocupou ata 2009 cando foi elixido ‘Gobernador’, máximo cargo que se pode ostentar nun Capítulo da ACS, e no que volveu repetir para un segundo mandato entre 2012 e 2015. Ademais, en 2008 foi nomeado membro do International Relations Committe do Colexio por un período de seis anos, en cinco deles como membro do comité encargado de conceder as bolsas de estudo fóra de Estados Unidos a cirurxiáns norteamericanos.

Publicidade

No ano 2012, coincidindo co primeiro centenario do Colexio Americano de Cirurxía, creouse unha nova estrutura con catro pilares, un deles internacional e consistente na creación de catro rexións fóra de Estados Unidos e Canadá. O doutor Caínzos foi nomeado responsable da europea e, como consecuencia do traballo desenvolvido nesta rexión, en 2014 foi nomeado xefe do Governors Chapter Activities International Workgroup, é dicir responsable das catro rexións internacionais, sendo o primeiro cirurxián non norteamericano en ocupar o posto.

No cargo de membro de honra (Honorary Fellowship), o profesor Caínzos comparte nacionalidade cos Enrique Moreno González, na área de Cirurxía Xeral e do Aparato Dixestivo, e José L. Balibrea, na de Cirurxía Torácica, ambos de Madrid. O profesor Miguel Caínzos suma este recoñecemento a outros dous obtidos en Europa xa que dende 2014 é membro honorario da Surgical Infection Society of Europe (SIS-E) e ese mesmo ano a European Society for Surgical Research (ESSR) concedeulle o seu máximo galardón, o Certificado de Apreciación. Ademais, Miguel Caínzos foi presidente de ambas sociedades entre 2003 e 2005.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada

O meteorito que brillou como cincuenta lúas cheas xa pode visitarse en Santiago

Tratouse dun asteroide de 1,15 metros de tamaño e 2,62 toneladas de masa que chocou contra a atmosfera a 15 Km/s

Unha tese galega demostra a viabilidade de reutilizar restos vinícolas e pesqueiros no país

Antonio Cortés avaliou a sustentabilidade das estratexias de valorización de residuos orgánicos, alén de estudar a ecoeficiencia dos procesos