170329Indonesia

O Campus Terra estreita relacións con Indonesia e os seus centros de investigación agroalimentaria

O Campus Terra da USC iniciou este mércores 29 de marzo unha visita de dúas semanas a Indonesia a través da cal se pretende coñecer de primeira man o sistema universitario do país, así como estreitar ligazóns con distintos centros de referencia no eido agroalimentario. O xestor de Internacionalización do Campus Terra da USC, Pedro Fiz Rocha aproveitará a súa participación nestas xornadas para asistir a un workshop na Bogor Agricultural University, no marco do que distintos expertos farán unha aproximación á internacionalización no ámbito universitario.

A creación de consorcios, a busca de financiamento para o posterior desenvolvemento de proxectos, a cooperación institucional ou as claves para poder definir unha estratexia acaída de internacionalización, serán algunhas das cuestión obxecto de análise e debate neste obradoiro de expertos, unha sesión na que tamén se tratarán cuestións relativas á empregabilidade no contexto internacional.

O xestor de Internacionalización do Campus Terra da USC aproveitará a súa estadía en Indonesia para visitar ao longo da semana do 3 de abril diferentes universidades do país, nas que realizará unha presentación da oferta académica, así como dos servizos e das distintas plataformas de investigación que agroma o Campus Terra da USC, o campus da Universidade de Santiago de Compostela especializado na sustentabilidade social, económica e medioambiental do uso da terra.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.