Venres 29 Marzo 2024

O Campus Terra da USC participa nun proxecto para mellorar a cartografía rural en Ecuador

O LaboraTe da USC, un grupo de investigación con sede na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC especializado no estudo do territorio, vén de participar no proxecto Sigtierras, doPrograma Sistema Nacional de Información y Gestión de Tierras Rurales e Infraestructura Tecnológica de Ecuador, que ten como obxectivo  implantar neste país centroamericano un sistema eficiente de xestión de catastro e rexistro da propiedade da terra rural.

O proxecto Sigtierras, que conta con financiamento do Banco Interamericano de Desenvolvemento, contempla entre a súas prioridades brindar seguridade xurídica aos dereitos de propiedade, ademais de servir de ferramenta de apoio á aplicación de políticas tributarias dos cantóns que compoñen Ecuador, así como prover información para a planificación e o ordenamento territorial.

Publicidade

O proxecto conta con financiamento do Banco Interamericano de Desenvolvemento

Os investigadores do Laboratorio do Territorio (LaboraTe) do Campus Terra da USC formaron  parte do equipo avaliador deste proxecto, no que coincidiron con outros investigadores doutras universidades, así como avaliadores independentes. O seu labor de supervisión estivo coordinado pola Universidade del Azuay (Ecuador).

 

O Centro Geomático Virtual,  que almacena fai dispoñible un alto volume de cartografía xerada, como é a ortofotografía, cartografía temática (modelo dixital do terreo, xeomorfoloxía, cobertura e usos do solo, sistemas produtivos, accesibilidade…) e parcelario catastral; o Sistema Nacional para la Administración de Tierras (SINAT), unha solución informática desenvolvida con software libre para a actualización de base de datos predial e a xestión dos trámites catastrais, e o Sistema de Orientación Legal (SIOL), ferramenta creada tamén en software libre e que é utilizada por asesores legais para o apoio nos procesos de regularización das terras rurais, constitúen os tres eixes sobre os que se asenta esta actuación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un bólido cruza a costa de Lugo ata caer no Cantábrico

A segunda bóla de lume visible dende Galicia en apenas dúas semanas procedía da chuvia de estrelas das delta-leónidas

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC

Novos achados revelan o carácter funerario da ‘roda’ de Adai, un xacemento único en Galicia

A descuberta dunha ola que se conserva completa e de pé sobre unha lousa suxiren que servía para actos rituais fundacional

Atopado o talón de Aquiles da rata toupa, a praga que azouta a montaña luguesa

O estudo do órgano vomeronasal deste mamífero subterráneo avala o uso de químicos para diminuír a súa poboación e frear o seu impacto na agricultura