Xoves 25 Abril 2024

O Campus Industrial de Ferrol acolle a xornada Estaleiros 4.0

O Salón de Actos do Campus Industrial Ferrol acollerá mañá, martes, 29 de novembro, a I Xornada Estaleiro 4.0, o estaleiro do futuro, organizada pola Unidade Mixta de Investigación UDC-Navantia.

As conferencias comezarán ás 9:30 coa benvida dos coordinadores do evento, Carlos Merino, director da UMI UDC-Navantia, e Daniel Pena, catedrático da Universidade da Coruña. A Xornada estará divida en distintos módulos nos que se tocarán temas de máximo interese e contará coa participación de importantes personalidades ligadas ao mundo dos estaleiros e da universidade.

Publicidade

Entre os temas do programa destacan o Modelado e Simulación xunto coa Optimización de Procesos nos Estaleiros, Robótica e Automatización e Eólica Mariña. Ademais doutras areas como o Auto IDE de tubaxes e Información en Planta xunto con temas ligados á disciplina da electrónica do futuro, Proxecto “Sen cables” onde se expondrán os máis modernos sistemas empregados en buques sen cables e todo o sistema eléctrico que conleva. Como peche outras modalidades como o uso de Adhesivos na Construción Naval, como se xestiona a información e os sistemas auto-reconfigurables.

A xornada concluirá ás 14:15 horas en que serán clausuradas pola vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres, e o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UDC patenta un sistema pioneiro que mide a postura vertebral en tempo real

Investigadores do CITENI crean unha tecnoloxía non invasiva e de baixo custo para mellorar o diagnóstico e tratamento das doenzas da columna

Si, pódese crear acuarela con bacterias: a UDC impulsa a divulgación a través da arte

CICAGallery estrea a súa primeira edición con cinco artistas que convivirán con distintos grupos de investigación da universidade

Como medir as estrelas para revelar os misterios da Vía Láctea

Os investigadores do CITIC Xabier Pérez e Lara Pallas participan na misión Gaia, que pretende crear o maior mapa 3D da nosa galaxia

Unha científica galega secuenciará o xenoma da ‘herba de namorar’

A especie 'Armeria pungens' está presente nas illas Cíes, o único lugar de Galicia onde se pode atopar