Sábado 20 Abril 2024

Máis de 300 profesionais participan en Ourense nas XI Xornadas de Enfermaría

O campus de Ourense acolle hoxe e mañá unha nova edición das Xornadas de Enfermaría de Ourense, que este ano celebran a súa décimo primeira edición. Nesta ocasión serán máis de 300 os profesionais da enfermaría de toda a provincia que se darán cita nunhas xornadas que terán como lema central “Liderando coidados para adaptarse ás novas realidades sociais”. O encontro, organizado pola Dirección de Procesos de Enfermaría da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, terá lugar coincidindo coa celebración do Día Internacional deste colectivo profesional e serve para difundir traballos de investigación publicados ou presentados ao longo deste ano en congresos ou simposios autonómicos, estatais e internacionais.

O lema deste ano quere destacar a responsabilidade dos coidados dos pacientes crónicos, non só os pluripatolóxicos e de idade avanzada, que en Ourense supoñen un elvado volumen de pacientes, senón tamén naqueles que padecen unha enfermidade crónica, desde a súa infancia ou adolescencia. O congreso conta cun amplo programa de mesas redondas e comunicacións a cargo de profesionais e investigadores deste eido. Os traballos que se exporán nas mesas redondas abordarán cuestións como a actualización en marcapasos, a mobilización do paciente hemipléxico, a automatización no manexo de mostras biolóxicas, a atención integral ao paciente crónico, o paciente con inflamatoria intestinal ou os coidados paliativos.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de atlanTTic deseña antenas innovadoras para satélites xeoestacionarios

O proxecto da UVigo busca unha redución na masa e o volume da tecnoloxía, así como diminuír os custos

Un equipo da UVigo analiza en alta resolución o transporte de humidade no Atlántico norte

O grupo EphysLab investiga como se altera o ciclo hidrolóxico na rexión oceánica por procesos relacionados co cambio climático

As cinzas dos lumes de 2017 poden causar alteracións no plancto costeiro da Vigo

O estudo realizado por investigadores do CIM da Universidade de Vigo centra a súa investigación na escorredura posterior ás queimas

A falsa endemia de malaria e outros intentos para desecar a lagoa de Antela

A partir do século XVIII a zona húmida foi considerada inimiga da agricultura. Os veciños intentaron evitar o desaugamento das terras que utilizaban para o pastoreo