José María Faílde.

José María Faílde.

O Campus da Auga convoca os Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica

Co fin de estimular o fomento da investigación, a transferencia, a innovación educativa e a divulgación científica relacionada co motor estratéxico de especialización do Campus da Auga, no marco deste convenio créanse os Premios de Investigación, Transferencia, Innovación Educativa e Divulgación Científica do Campus da Auga. A convocatoria dos galardóns, dotados en total con 3600 euros achegados por Viaqua, será anual. Segundo as características de cada modalidade, aos galardóns poderán optar persoal docente e investigador da Universidade de Vigo e alumnado matriculado nos cursos 2014/2015; 2015/2016 e 2016/2017 nesta institución académica. “É importante premiar o bo facer”, “o recoñecemento é fundamental para alimentar o espírito e coller impulso para acadar os obxectivos que pretendemos”, destacou o reitor Salustiano Mato sobre estes galardóns.

Segundo explicou José María Faílde, director da Área de Planificación do campus de Ourense, as modalidades destes galardóns serán Premio ao traballo fin de grao/traballo fin de mestrado máis destacado, dotado con 300 euros; Premio de investigación a teses de doutoramento, dotado con 500 euros; Premio de investigación á mellor contribución científica, dotado con 700 euros; Premio ao mellor resultado de transferencia, dotado con 700 euros; Premio de innovación educativa relacionada con estudos de grao ou posgrao, dotado con 700 euros, e Premio a accións ou actividades de divulgación científica, dotado con 700 euros. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 31 de xaneiro de 2017.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.