Xoves 28 Marzo 2024

O cambio climático, nos Xoves de Lúa Chea do campus de Lugo

Os ‘Encontros de Xoves de Lúa Chea’, un programa de debate sobre cuestións de actualidade organizado polo colectivo universitario Proxéctate en galego celebra este xoves 31 de marzo un novo coloquio e debate na cafetería da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo, onde se abordará a cuestión do cambio climático.

O profesor de Ecoloxía da USC na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo Emilio Carral e a escritora, bióloga e vogal da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), Adela Figueroa, serán os encargados de abrir este coloquio con cadansúa intervención introdutoria na que exporán os seus respectivos puntos de vista.

Publicidade

Esta nova sesión do ciclo ‘Encontros de xoves de lúa chea’ é de carácter aberto á participación de todo  o público interesado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A praia de Barra agocha unha aldea soterrada: un cambio climático invadiu todo de area hai 500 anos

Unha investigación publicada por Andrés Pino analiza o impacto social e económico da Pequena Idade do Xeo no asentamento de Cangas

Galicia rexistra o cuarto inverno máis cálido en 60 anos

As precipitacións foron un 18% superiores ao habitual para este período, sendo especialmente abondosas en febreiro

Un bólido cruza a costa de Lugo ata caer no Cantábrico

A segunda bóla de lume visible dende Galicia en apenas dúas semanas procedía da chuvia de estrelas das delta-leónidas

Os osos polares, en risco de morrer de fame polo desxeo do Ártico

Un estudo demostra que as estratexias alimenticias destes animais para sobrevivir nunha contorna de terra non evitan que perdan peso