Venres 29 Marzo 2024

O binomio diabetes e obesidade, protagonista do congreso de Biocaps en Vigo

O binomio diabetes e obesidade, protagonista do congreso de Biocaps en Vigo

Foi denominada polos nutricionistas como a confluencia das dúas peores epidemias do século XXI nos países desenvolvidos, por iso a suma de diabetes e obesidade conta xa cun termo propio: a diabesidade. O Instituto de Investigación Biomédica (IBI) dedicará o terceiro congreso do proxecto Biocaps a esta doenza combinada, unha cita que terá lugar entre os días 22 e 24 de outubro no Centro Social Afundación de Vigo. A inscrición, de carácter gratuíto, está aberta.
Aínda que non existen datos sobre o número de diabesos que hai en España, sábese que o 25% da poboación padece obesidade e o 13% diabetes e que cada vez son máis frecuentes os casos nos que ambos os dous trastornos aparecen de forma combinada, en gran parte debido ao estilo de vida sedentario e aos malos hábitos alimenticios. A relación é clara: o aumento de peso é o principal factor de risco para a aparición de diabetes mellitus tipo 2 porque un incremento do tecido adiposo xera resistencia á insulina, situación que ocasiona que esta hormona sexa incapaz de realizar correctamente a súa función nos diferentes tecidos do organismo. Como consecuencia, xorde a hiperglicemia e o desenvolvemento de diabetes.
Os expertos que participarán como relatores no congreso, que terá como idioma oficial o inglés, proceden de Alemaña, Reino Unido, Suecia, Francia, Italia, Portugal, Irlanda, Austria e España. Do mesmo xeito que nas dúas edicións anteriores, converterase nun punto de encontro de alcance internacional para o intercambio de coñecemento entre investigadores, xestores de transferencia e innovación, empresas e organismos públicos do ámbito da saúde.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia é a quinta comunidade autónoma con maior prevalencia de obesidade

Un estudo da USC asocia os altos índices de avellentamento cun maior exceso de peso na poboación galega

Sanidade ordena a retirada dun coñecido fármaco para a diabetes

A AEMPS comunicou que os motivos se relacionan por un defecto de calidade que “non supón un risco vital para o paciente"

África González: "Estamos moi cerca da cura de doenzas autoinmunes"

Os científicos ven posibles as terapias que restauren a tolerancia inmune en enfermidades como diabetes ou lupus

Identificada unha proteína esencial na regulación da obesidade

Un estudo do CSIC descobre que Dido1 ten unha función clave no desenvolvemento do tecido adiposo