Xoves 28 Marzo 2024

O ano 2015 vai camiño de ser o máis seco en Compostela en tres décadas

O ano máis seco en Compostela en 30 anos?

Que o ano 2015 en Compostela se converta no menos chuvioso dos, como mínimo, últimos 30 anos dependerá de que en decembro se cumpran ou non as estatísticas, segundo as cales nese mes se rexistran de media 256 l/m2.
Os rexistros meteorolóxicos do Observatorio Astronómico Ramón María Aller das últimas tres décadas  amosan que en 2015 caeron ata agora na cidade un total de 1.096,3 l/m2, un dato que comparado cos 1.279,8 de 1990 –o ano máis seco– advirte que faltan só 183,5 l/m2 para superar a cifra de hai 25 anos.
O 40% da precipitación anual adoita concentrarse no tres últimos meses do ano, “o que non semella ser, de momento, o caso de 2015, xa que desde o primeiro de outubro se contabilizaron só, ata o 20 de novembro, un total de 249 l/m2”. Iso si, advirte o seu director José Ángel Docobo, “falta todo o mes de decembro, así que haberá que agardar para dicir se é este ano un dos máis secos en Compostela”.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:00:12

Karlotta azouta Galicia con refachos de máis de 200 km/h

A borrasca mantén á comunidade en alerta laranxa por vento e chuvia este xoves e provoca varias incidencias

A borrasca Irene azouta Galicia con refachos de máis de 80 km/h

É unha fronte de alto impacto e A Coruña e Ourense poderán acumular 40 litros en 12 horas

Santiago rexistrou máis de 2.300 horas de Sol en 2023, a segunda marca máis alta do século

A chuvia recollida ao longo do ano superou os 2.000 litros por metro cadrado, mentres que a temperatura máxima foron os máis de 36 graos do pasado 8 de agosto

A primeira fronte fría do ano activa as alertas por chuvia e vento en todo o litoral galego

Galicia empeza 2024 baixo os efectos dunha borrasca atlántica que deixará precipitacións intensas e refachos que superarán os 80 km/h