Paso da Estación Espacial esta noite sobre Galicia. En vermello, o momento no que será visible, entre as 21.59 e as 22.02. Fonte: ISS.Astroviewer.

Paso da Estación Espacial esta noite sobre Galicia. En vermello, o momento no que será visible, entre as 21.59 e as 22.02. Fonte: ISS.Astroviewer.

As nubes poderían impedir a visión da Estación Espacial en Galicia

A ISS percorrerá o ceo esta noite, sobre as 22 horas, en dirección suroeste-nordeste

Unha vez máis, a Estación Espacial Internacional pasará esta noite sobre o ceo de Galicia. Arredor das 21.59 horas, ao mirar en dirección suroeste, un punto brillante aparecerá no horizonte e desaparecerá uns tres minutos despois en dirección nordeste, despois de percorrer a parte máis alta do ceo, a uns 85º. Así o anunciou, de novo, o fotógrafo e astrónomo aficionado Ignazio Magnani:

Con todo, o aumento da nubosidade na costa occidental de Galicia con motivo da chegada de baixas presións, que se notará tamén na xornada do mércores, podería obstaculizar a visión da ISS. As perspectivas son mellores cara o leste, nas provincias de Lugo e Ourense.

O venres, nova oportunidade

Aínda así, este venres 29 podería haber unha mellor oportunidade para ver a Estación Espacial Internacional sobre Galicia, se as nubes o permiten. Uns minutos antes das 9 da noite aparecerá tamén polo suroeste, e pasará sobre a costa noroccidental, sendo visible durante máis de seis minutos, tal e como se pode consultar nalgunhas webs que realizan un seguemento constante da ISS.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.