Venres 19 Abril 2024

O físico da USC Javier Mas, nunha charla para nove institutos de Ferrolterra

Nove institutos da bisbarra de Ferrolterra participarán no programa ContandoCiencia, nunha actividade que xira en col dunha charla do profesor de Física Teórica da Universidade de Santiago Javier Mas, que falará baixo un título que semella un refrán: “Luz crepuscular pouco é de fiar”.

A actividade está convocada pola Concellería de Educación do Concello de Narón, e contará cun total de 502 alumnos e 30 profesores, dende cuarto curso da ESO ata segundo de Bacharelato.

Publicidade

“O principal obxectivo é divulgar ciencia e buscar vocacións entre os estudantes da comarca”, din os organizadores dunha charla que terá lugar no Pazo da Cultura de Narón o vindeiro lunes 13 de novembro ás 11.30 horas.

Javier Mas falará sobre os fenómenos  ópticos que produce a atmosfera e que falan dos avatares que desvían un raio  ata que impacta na nosa retina”. O doutor en Física contrá aos estudantes como estes efectos “acentúanse no crepúsculo ds sol no horizonte, producindo raios crepusculares ou raios verdes” para finalmente falar “doutros soles, de horizontes, dos aneis de Einstein e da sombra dun buraco negro”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A radioactividade dunha siderúrxica de Narón mantén paralizada a actividade un mes despois da fuga

O CSN deu o visto bo ao plan de limpeza de Megasa o 28 de xuño, pero a empresa non confirma se comezaron os traballos de desinfección

O CSN descarta riscos pola fuga radioactiva de Narón sen desvelar os niveis acadados

Megasa detectou o 8 de xuño un escape de Cesio-137 nun forno de arco eléctrico destinado a fabricar aceiro e tivo que parar a produción

A chanfaina de San Sadurniño: de embutido labrego a delicatessen da Ferrolterra

A súa singular receita ten resistido con éxito ao paso dos séculos e á evolución dos gustos gastronómicos da sociedade

Der Spiegel sorpréndese con Narón, a vila que quere perder 100.000 kg

A revista alemá dedica unha ampla reportaxe ao proxecto do concello para que os naroneses baixen de peso