O reitor Juan Viaño, a directora xeral de Turismo, Nava Castro, e o deán da Catedral, Segundo Pérez.

O reitor Juan Viaño, a directora xeral de Turismo, Nava Castro, e o deán da Catedral, Segundo Pérez.

Nace a Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións

Promover a investigación, formación e transferencia do coñecemento sobre o Camiño de Santiago e a peregrinación é o cometido da cátedra que acaba de crearse froito da colaboración entre a USC, a Axencia de Turismo de Galicia e a Catedral.

O inicio das actividades da Cátedra, que se emprazará no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino de Carretas, tivo lugar onte coa sinatura do convenio de colaboración na que participaron o reitor Juan Viaño, a directora xeral de Turismo de Galicia, María Nava Castro Domínguez, e o deán da Catedral de Santiago, Segundo Pérez. A este primeiro acto, no que a profesora Adeline Rucquoi pronunciou unha conferencia sobre as peregrinacións marítimas a Santiago, asistiron numerosas personalidades e representas de organizacións xacobeas.

A Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e as Peregrinacións promoverá a difusión dos valores asociados coa peregrinación e o fenómeno xacobeo mediante a realización de cursos, seminarios, conferencias e actividades académicas. Fomentará ademais a promoción e organización daquelas iniciativas que contribúan a facilitar a reflexión e o debate cultural e académico no ámbito do Camiño co fin de acadar o seu mutuo enriquecemento intelectual e a mellora da súa formación cultural e universitaria.

A Cátedra tamén impulsará a colaboración con profesores e departamentos universitarios en todo o que favoreza a formación integral do alumnado e promoverá a investigación no campo do Camiño de Santiago e a peregrinación a Compostela. Por outra banda, crearase e manterase un fondo bibliográfico e documental sobre as materias específicas do Camiño e disciplinas relacionadas.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.