.

.

Que causa máis tristura: a morriña ou a ‘nostalgia’?

Conferencia no Instituto da Lingua Galega sobre os estudos psicolingüísticos feitos no noso idioma

A profesora Isabel Fraga Carou, coordinadora do grupo de investigación Procesos Cognitivos e Conduta da USC e experta en Psicoloxía da Linguaxe, impartirá este mércores 25 a conferencia ‘Que me causa máis tristura: a morriña ou a nostalgia? Á busca da emoción nas palabras da nosa lingua’. O relatorio será ás 13.00 horas no Instituto da Lingua galega.

A profesora Fraga revisará os primeiros estudos psicolingüísticos feitos en lingua galega e falará sobre as investigacións realizadas noutras linguas, coma o inglés, o portugués ou o castelán, acerca da interacción entre léxico e sintaxe que se produce ao ler ou escoitar palabras emocionais, tanto en monolingües coma en aprendices dunha lingua estranxeira.

Referirase ademais ás liñas de investigación máis actuais en relación coa linguaxe e a emoción, nalgunhas das cales están a traballar co seu equipo de Psicolingüística, e que abranguen así mesmo varias linguas, con mostras de participantes que na meirande parte dos casos coñecen e empregan alomenos o galego, o castelán e o inglés.

A profesora Fraga Carou dará a coñecer varios corpus de palabras e unha ferramenta dixital, o emoFinder, que foron desenvolvidos en colaboración con outros grupos da Península e que resultan de grande utilidade non só para a realización de experimentos en psicolingüística, senón tamén para ámbitos coma o ‘sentiment analysis’ ou o estudo das diferenzas individuais no procesamento da linguaxe emocional mesmo desde unha perspectiva de xénero.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.