Medalla da Sociedad Española de Química ao catedrático da USC Antonio Mouriño

O Grupo Especializado de Química Orgánica da Real Sociedade Española de Química acaba de concederlle ao profesor Antonio Mouriño Mosquera,  do Departamento de Química Orgánica da USC, a Medalla Félix Serratosa en recoñecemento a toda unha traxectoria profesional especialmente destacada na química orgánica estatal e internacional.

Antonio Mouriño.

Antonio Mouriño.

Antonio Mouriño (Ordes, 1948) graduouse en Ciencias Químicas na USC en 1972 no grupo de investigación do profesor Ignacio Ribas e doutorouse na Universidade do País Vasco cunha tese dirixida por Luis Castedo e Rafael Suau. En 1975 trasladouse á Universidade de California en Riverside para realizar estudos posdoutorais co profesor William Okamura durante tres anos. En 1980 obtivo a praza de profesor titular na USC e en 1988 a de catedrático.

Foi director do Departamento de Química Orgánica durante tres anos e realizou varias estadías como profesor visitante na Universidade de California (Berkeley, Prof. H. Rapoport), na ETH (Zürich, Prof. D. Seebach), na Universidade Josep Fourier (Grenoble, Prof. J.L. Luche), no Boston College (Prof. R. Kelly), no IGBMC (Illkirch, Prof. D. Moras) e na Universidade de California (Irvine, Prof. L. Overman).

Mouriño, que conta no seu haber con numerosas distincións, investigou en varios campos científicos, como os alcaloides, as biotoxinas das mareas vermellas galegas e a Vitamina D. Precisamente na actualidade traballa no Laboratorio Ignacio Ribas do Departamento de Química Orgánica da Universidade de Santiago no deseño, síntese e avaliación biolóxica de análogos da vitamina D de interese terapéutico.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.