Venres 29 Marzo 2024

Manuel Vicente imparte en Compostela a charla “Os científicos tamén choran”

O café Airas Nunes de Compostela (Rúa do Vilar, 17) acolle este venres ás 21 horas a charla “Os científicos tamén choran, impartida polo divulgador científico Manuel Vicente, condutor do programa Efervesciencia, e organizada polo colectivo Escépticos en el Pub Compostela.

Nesta sesión, Manuel Vicente ofrecerá o lado amargo da investigación científica: “revistas depredadoras, artigos que ninguén le, investigacións irreproducibles, monopolios editoriais, piratas, egos, roubo de méritos e ata guerras de patentes. Benvidos ao selvático mundo da investigación real que poucas veces se conta ao gran público”, segundo adiantan desde o colectivo organizador.

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cinco libros para agasallar ciencia este Nadal

Unha listaxe con opcións para adultos e nenos que mostra o mundo científico e a súa historia en lingua galega

A eternidade por fin comeza un luns

Artigo gañador da VI edición do IGFAE C3, o concurso de comunicación científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías

Altofalantes da lingua e da ciencia

Estimados colegas e amigos de Gciencia: Antes de nada, gustaríame darvos os...

A divulgación científica espállase polos campus da UVigo con máis de 15 actividades

O programa 'Ciencia de ida e volta', de carácter eminentemente experiencial, inclúe concursos, obradoiros e unha feira científica