Máis de cen comunicacións na Conferencia Electrónica de Química de Síntese Orgánica

Máis de cen comunicacións na Conferencia Electrónica de Química de Síntese Orgánica

A décimo novena edición da Conferencia Electrónica de Química de Síntese Orgánica (ECSOC 19), un congreso virtual promovido polo grupo de investigación de Novas Metodoloxías Sintéticas da USC, integrado polos profesores do Departamento de Química Orgánica na Facultade de Ciencias Julio A. Seijas e Pilar Vázquez Tato, recibiu xa 110 comunicacións de investigadores de todo o mundo, uns estudos que serán obxecto de debate e análise nos distintos foros virtuais que se desenvolverán durante o mes de novembro.

O catedrático do Departamento de Química Orgánica da USC e principal impulsor deste congreso ademais de presidente do comité científico do mesmo, Julio A. Seijas, subliñou a calidade das comunicacións que ano tras ano se presentan a debate e que logo permanecen accesibles en repositorios de referencia internacional. Asemade, logo de lembrar a calidade dos traballos está acreditada polo labor que desenvolven os membros do comité científico,  que analiza e supervisa cada unha das propostas recibidas antes da súa inclusión definitiva no congreso, Seijas remarcou que o esquema de desenvolvemento da ECSOC representa a arquitectura formal do que deberían ser os congresos científicos do século XXI.

Máis información no seguinte enlace:

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.