Martes 16 Abril 2024

Meteogalicia bate o récord de raios rexistrados: 9.560

Récord de raios rexitrados en Galicia. Un total de 9.560 caeron sobre Galicia hoxe, segundo a Rede de Deteccion de Raios de Meteogalicia, que rexistrou as grandes tormentas eléctricas das últimas horas. A caída de raios foi especialmente intensa entre as 4.00 e as 6.00 horas da madrugada, con 1.094 contabilizados.

As tormentas acompañadas de aparato eléctrico serán unha constante nas vindeiras horas, segundo apunta Meteogalicia, co paso dun sistema frontal. A situación contrasta coas elevadas temperaturas das últimas datas.

Publicidade

Podes consultar a actividade de raios en Galicia
grazas a este visor da Rede de Detección de Raios de Meteogalicia

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha trintena de casos de dengue en Portugal: debemos preocuparnos en Galicia?

O mosquito tigre, vector da enfermidade infecciosa, detectouse por primeira vez no territorio galego no verán de 2023

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña