Venres 29 Marzo 2024

Máis de 200 estudantes galegos participan na Olimpiada de Xeoloxía

Un total de 124 estudantes de secundaria e Bacharelato procedentes de diferentes centros educativos das provincias de Lugo, Coruña e Ourense formalizaron a súa inscrición para participar este mércores 7 de febreiro na USC nas probas da fase galega da IX  Olimpíada Galega de Xeoloxía, un certame promovido a nivel nacional pola Asociación Española para o Ensino de Ciencias da Terra (AEPCET) en colaboración coa Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos, e que en Galicia suma un total de 202 inscricións.

As probas deste certame programadas na USC e nas que tomarán parte uns 124 estudantes, desenvolveranse de xeito simultáneo, a partir das 11.30 horas, na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do campus de Lugo e na Facultade de Bioloxía de Compostela, onde se agarda a participación de 59 e 65 estudantes, respectivamente. A Facultade de Ciencias de Ourense e a Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas, en Vigo, tamén serán sede das fases provinciais deste certame programadas en Ourense e Pontevedra, respectivamente.

Publicidade

A IX Olimpíada de Xeoloxía, unha actividade na que en Galicia colabora de xeito activo a USC a través do seu Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola, pretende fomentar o interese do estudantado pre universitario polos contidos propios da Xeoloxía e do conxunto das Ciencias da Terra, ao tempo que busca animar aos participantes a orientar o seu futuro universitario cara a este eido, ademais de sensibilizar sobre a importancia da preservación do medio natural.

Os gañadores de cada unha das fases provinciais que se celebrarán este mércores participarán na fase española da Olimpíada de Xeoloxía, unha competición que se desenvolverá o 17 de marzo en Segovia. Os catro mellor clasificados na fase española poderán competir no campionato internacional, que terá lugar en agosto en Tailandia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cabo Ortegal é declarado Xeoparque Mundial da Unesco

A denominación pon en valor o enclave dende o punto de vista xeolóxico, paisaxístico e natural, con rochas de máis de 400 millóns de anos

Achados casualmente fósiles de hai 480 millóns de anos no Xeoparque do Cabo Ortegal

Pénsase que pertencen aos crinoideos, que hoxe se coñecen vulgarmente como lirios de mar

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada