feira emprego uvigo

Máis de 1.500 alumnos inscritos na Feira Virtual do Emprego da UVigo

Con máis de 1500 estudantes e titulados de Galicia e o norte de Portugal inscritos, este luns botou a andar a Feira Internacional Virtual de Emprego FINDE.U, unha iniciativa transnacional organizada polas universidades de Vigo, Porto e Tras-Os-Montes e Alto Douro. Con preto de 80 empresas inscritas, estes estudantes poderán optar a unha das 850 ofertas laborais que xa están dadas de alta na plataforma en liña, e ás que os alumnos e alumnas xa poden enviar o seu currículo na procura dun contrato que lles permita iniciarse no mundo laboral.

Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo; Sebastião Feyo de Azevedo, reitor da Universidade de Porto e António Augusto Fontainhas Fernandes, reitor da Universidade de Tras-Os-Montes e Alto Douro foron os encargados de inaugurar por videoconferencia este evento. Mato deu a benvida a estudantes, empresas e institucións desexando que esta cita “sirva para todos como un espazo de encontro que por un lado permita ao alumnado visibilizar oportunidades para comezar no mundo laboral e, por outro, lles sirva ás empresas como un espazo idóneo para captar talento, un talento que axude a ter un mellor futuro, porque o mellor futuro o dan persoas”. O reitor de Vigo agradeceu colaboración da rede Eures e destacou que “para Vigo é un privilexio a colaboración coas universidades do norte de Portugal”. Os reitores de Porto e UTAD tamén fixeron fincapé na necesaria relación entre universidades e tecido empresarial para favorecer a incorporación do estudantado ao mundo laboral. Feyo de Azevedo, reitor de Porto, lembrou que esta iniciativa toma a remuda da feira celebrada en Porto en 2015 en modalidade presencial, que desta volta aposta pola versión virtual “para ter unha dimensión internacional extraordinaria máis de 100 expositores, redes Eures de 12 países e 854 ofertas de emprego, números que nos agradan inmensamente, pero que aínda medrarán máis nas vindeiras horas”.

Máis información no seguinte enlace:

Máis de 850 ofertas laborais para abrir as portas do futuro

Arranca a Feira Internacional Virtual de Emprego FINDE.U con case 110 expositores Preto de 1500 alumnos xa se inscribiron e poden seguir facéndoo durante toda a semana Con máis de 1500 estudantes e titulados de Galicia e o norte de Portugal inscritos, este luns botou a andar a a Feira Internacional Virtual de Emprego FINDE.U, unha iniciativa transnacional organizada polas universidades de Vigo, Porto e Tras-Os-Montes e Alto Douro.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.