151204martas

Lugo exporta a Brasil veterinarias expertas en enfermidades de rumiantes

As profesoras da USC na Facultade de Veterinaria do campus de Lugo Marta López Alonso e Marta Miranda Castañón forman en técnicas de manexo e control de enfermidades de ruminantes a veterinarios brasileiros a través dun curso de de posgrao en Ciencias Animais que imparte a Universidade Federal do Semi-Árido (Ufersa).

Marta López Alonso, da área de Cirurxía e Medicina Animal da USC, e Miranda Castañón, pertencente ao Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias da institución académica compostelá, veñen de completar unha estadía en Brasil, onde impartiron a estudantes do posgrao en Ciencias Animais da Ufersa varias sesións avanzadas sobre manexo de vacas en transición e enfermidades asociadas, patoloxías de macro e microminerais e patoloxías dixestivas en lactantes.

Estas profesoras da Facultade de Veterinaria da USC, que tamén forman parte do cadro docente do citado posgrao da Universidade Federal do Semi-Árido, ademais de participar en proxectos de investigación sobre identificación e monitorización ambiental de metais tóxicos e esenciais con modelos animais que se están a desenvolver na universidades de Sâo Paulo, Universidade Federal do Oeste do Pará (Ufopa) e mesmo na Ufersa, aproveitaron a súa estadía en Brasil para avanzar na elaboración dun convenio de cooperación bilateral entre a institución académica compostelá e a Ufersa.

Máis información no seguinte enlace:

As docentes da USC López Alonso e Miranda Castañón forman en manexo e enfermidades de ruminantes a veterinarios de Brasil – – USC

As profesoras da USC na Facultade de Veterinaria do campus de Lugo Marta López Alonso e Marta Miranda Castañón forman en técnicas de manexo e control de enfermidades de ruminantes a veterinarios brasileiros a través dun curso de de posgrao en Ciencias Animais que imparte a Universidade Federal do Semi-Árido (Ufersa).

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.