161024roma1

Lugo acolle un foro sobre a pegada do mundo romano nas cidades do noroeste peninsular

O coloquio internacional ‘ In Roma na, per Italiam fusa, in provincias manat. A cidade romana no noroeste peninsular’, un programa dirixido polos profesores do Deprtamento de Historia Antiga da USC Dolores Dopico Caínzos e Manuel Villanueva, cita na Facultade de Humanidades do Campus Terra da USC preto de 40 estudantes de grao, investigadores e docentes interesados en coñecer a pegada do mundo romano na creación das cidades do noroeste peninsular a través da análise que desde distintas perspectivas que ofrecerán os 19 profesores e investigadores procedentes de diversas universidades e centros de investigación europeos que están convidados a participar como relatores neste foro.

A xénese do mundo romano a partir do concepto de urbe e da idea de que a cidade é a estrutura básica ou esencial arredor da que se crea un Estado territorialmente amplo e a posterior pegada deixada nos distintos territorios sobre os que se estendeu ou nos que chegou a ter influencia o mundo romano, centraron a temática dos relatorios programados na sesión matinal deste coloquio e trala que se celebrou o acto inaugural.

Braga e Lugo, como cidades da antiga Gallaecia, terán gran protagonismo

A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva Domínguez; a decana da Facultade de Humanidades, María Isabel González Rey; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a deputada provincial delegada da área de Cultura, Pilar García Porto, así como os dous profesores da USC que dirixen este curso participaron no acto de inauguración institucional, unha sesión que serviu de colofón da xornada matinal.

Os debates e relatorios programados continuaron en quenda de tarde con intervencións sobre os elementos ideolóxicos (santuarios) na cidade romana, a partir do caso do conxunto arqueolóxico escavado na localidade sevillana de Munigua; cidade, territorio e economías locais e paisaxes urbanas.

Logo desta viaxes por parte do territorio español outrora pertencente ao imperio romano, a análise polo miúdo das cidades de Braga e Lugo, dous dos polos urbanos da antiga Gallaecia, cobrarán todo o protagonismo nos relatorios programados na xornada des clausura deste foro, un programa que pretende ofrecer unha ollada multidisciplinar e diversa sobre a cidade romana. De xeito complementario, os organizadores deste coloquio internacional tamén brindan aos participantes interesados a posibilidade de participar nun obradoiro práctico de arqueoloxía e epigrafía, que desenvolverá no Museo Provincial de Lugo o mércores 26, cando tamén está prevista unha visita ao Museo Interactivo da Historia de Lugo.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.