O auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo acolle este venres, desde as 9.30 da mañá e ata as 20 horas, unha xornada de divulgación que leva por título “Primeiros pasos na ciencia”. A actividade está concebida como un foro no que os investigadores noveis presentarán os seus traballos, así como unha ferramenta para tecer novas redes de contacto que poñan en valor ciencia interdisciplinar e a necesidade de colaboracións.
A xornada comezará ás 9 horas coa recollida de documentación e o acto de inauguración. O científico Ángel Carracedo ofrecerá ás 10.30 horas unha charla maxistral que antecederá ás presentacións dos investigadores. Ao rematar as exposicións, realizarase a entrega de premios.
O programa completo pódese consultar na páxina de Facebook da actividade.
Moi merecida a victoria do proxecto sobre o “Edadismo”, foi espectacular. :))
Un exitazo tódalas comunicacións!