Venres 29 Marzo 2024

Presentación de “Einstein para perplejos” de José Edelstein en Pontevedra

O profesor de Fïsica Teórica da USC José Edelstein presenta esta noite en Pontevedra o seu novo libro Einstein para perplejos. Nel percorre a vida do xenial científico, amosando o contexto histórico e intelectual no que Einstein desenvolveu a súa traxectoria, así como o legado que deixou tras a súa morte. A cita será na libraría Cronopios ás 19.30 horas, e continúa coa serie de presentacións realizadas en Galicia e España.

O libro está escrito tamén polo chileno Andrés Gomberoff. Edelstein e Gomberoff xa publicaran en 2014 Antimateria, magia y poesía, o primeiro dos volumes da biblioteca de divulgación científica da USC, e que recibiu o galardón ao mellor libro de divulgación nos premios nacionais de Edición Universitaria en 2014.

Publicidade

Alén da súa destacada traxectoria investigadora, José Edelstein participa activamente na divulgación da Física. Así, recibiu numerosos recoñecementos por parte do Centro Español de Física de Partículas ou a Fecyt, entre outros galardóns.

Aquí podes ler a entrevista con Edelstein con motivo da publicación do seu libro Antimateria, magia y poesía:

ciencia/hay-poesia-fisica-edelstein/

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cinco libros para agasallar ciencia este Nadal

Unha listaxe con opcións para adultos e nenos que mostra o mundo científico e a súa historia en lingua galega

A eternidade por fin comeza un luns

Artigo gañador da VI edición do IGFAE C3, o concurso de comunicación científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías

Altofalantes da lingua e da ciencia

Estimados colegas e amigos de Gciencia: Antes de nada, gustaríame darvos os...

A divulgación científica espállase polos campus da UVigo con máis de 15 actividades

O programa 'Ciencia de ida e volta', de carácter eminentemente experiencial, inclúe concursos, obradoiros e unha feira científica