Martes 23 Abril 2024

José Benito Vázquez, embaixador galego de Scientix

O exdirector da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, José Benito Vázquez, foi recentemente elixido como embaixador en Galicia de Scientix, unha iniciativa para o fomento da educación científica en Europa na que se agrupan máis de 7.000 docentes. “É un recoñecemento as tarefas de innovación educativa e transferencia científica que levamos facendo desde fai máis de 25 anos e toda unha oportunidade para aprender cousas novas nun ambiente de colaboración nacional e internacional”, di o investigador.

O principal obxectivo é promover e apoiar a colaboración entre o profesorado de todos os niveis nas áreas de Ciencias, Tecnoloxía e Matemáticas (STEM). A iniciativa foi galardoada no certame BETT 2017 Exhibition of Trends in Education Technology, como unha das 100 mellores innovacións mundiais no eido educativo.

Publicidade

Scientix forma unha rede de 31 ministerios de educación de diferentes países europeos e impulsado pola European Schoolnet. Cada tres anos designa unha serie de representantes ou embaixadores en cada país de Europa co fin de divulgar as súas actividades entre a comunidade docente de todo o ámbito europeo. En España, o programa conta con 43 embaixadores para o período 2017-2019, cinco vinculados a diferentes universidades españolas, no caso de Vázquez, e o resto é, maioritariamente, profesorado de secundaria.

“Como parte do panel de profesores da European Schoolnet podemos realizar tarefas de avaliación e seguemento de proxectos/ferramentas de innovación docente a nivel europeo e, ao mesmo tempo, axudar, por unha banda, á difusión dos recursos, proxectos e formación que proporciona Scientix, así como, pola outra, a informar das convocatorias periódicas que poidan ser de interese para o profesorado de Galicia”, di o investigador, que seguirá coas actividades de intercambio de divulgación científica, sobre todo co profesorado galego.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses

Volven as Líridas: como ver esta chuvia de estrelas dende Galicia

O fenómeno astronómico, que se poderá ver ata o xoves 25 de abril, será pouco visible a causa da lúa chea

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización