Venres 29 Marzo 2024

Investigadores de Química da USC publican en Oxford un libro sobre resonancia magnética nuclear

Investigadores de Química da USC publican en Oxford un libro sobre resonancia magnética nuclear

En A Asignación da Configuración Absoluta por RMN utilizando Axentes Derivatizantes Quirales: Unha Guía Práctica os profesores de Química Orgánica da USC José M. Seco, Emilio Quiñoá e Ricardo Riguera presentan unha investigación de vangarda no campo da Resonancia Magnética Nuclear (RMN) ofrecendo unha guía breve e útil que introduce ao lector na investigación cunha gran cantidade de detalles e exemplos. O volume acaba de editalo Oxford University Press.
O libro explica brevemente os aspectos teóricos que subxacen detrás desta metodoloxía, dedicando unha parte importante a cubrir os aspectos prácticos da asignación da configuración, así como á selección do reactivo auxiliar máis adecuado. Para ilustrar esta metodoloxía inclúense numerosos exemplos e espectros tomados de experimentos dos propios autores. Dende titulados superiores, a estudantes universitarios, investigadores químicos e farmacéuticos, atoparán nesta guía unha ferramenta moi útil para os seus estudos.
A espectroscopia de resonancia magnética nuclear é unha técnica que utiliza as propiedades magnéticas dos núcleos dos átomos para obter información sobre a estrutura e propiedades das moléculas. Segundo os expertos, a RMN constitúe o método espectroscópico máis poderoso para a determinación da estrutura en moléculas orgánicas.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha nova técnica ideada no CiQUS: desenrolar hélices en polímeros por acción da luz

A revista "Angewandte Chemie" destaca o artigo, liderado por Francisco Rey Tarrío, polas súas achegas na determinación da estrutura de polímeros helicoidais

O CiQUS de Santiago describre un ‘Xogo de Tronos’ a escala molecular

Emilio Quiñoá e Félix Freire publican na revista Angewandte Chemie unha investigación con resonancias bélicas entre soldados e sarxentos moleculares

Conseguen facer nunha célula viva unha complexa reacción química de laboratorio

O grupo de José Luis Mascareñas no CiQUS de Santiago fai posible unha reacción de cicloadición, que non existe en procesos naturais

Deseñan desde Santiago os ‘pasamáns’ cos que se poderían crear novos nanomateriais

O grupo que dirixen Félix Freire e Emilio Quiñoá acaban de publicar o relevante avance na revista "Angewandte Chemie"