Martes 16 Abril 2024

A innovación no mundo rural saca peito en Lalín

A innovación no mundo rural saca peito en Lalín

O mundo rural do periodo postcuota láctea, perda de servizos e sangría poboacional tamén ten cousas que dicir respecto á innovación. Así o entende a Rede ReVOLTA de Agroecoloxía e Historia, composta por varios grupos de investigación das universidades galegas, que este venres 13 de novembro celebra en Lalín o encontro Rural Imaxinado,  un encontro no que se dan cita experiencias económicas, educativas e científicas nacidas para ou dende a aldea.
O programa aborda aspectos moi diversos, como a evolución da Indicación Xeográfica Protexida da castaña de Galicia, a innovación no rural dende a perspectiva da iniciativa privada ou a prevención de lumes a través dun proxecto de intervención social, entre moitos outros.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Un equipo de atlanTTic deseña antenas innovadoras para satélites xeoestacionarios

O proxecto da UVigo busca unha redución na masa e o volume da tecnoloxía, así como diminuír os custos

Un equipo da UVigo analiza en alta resolución o transporte de humidade no Atlántico norte

O grupo EphysLab investiga como se altera o ciclo hidrolóxico na rexión oceánica por procesos relacionados co cambio climático

Cales foron as causas da seca que precedeu aos incendios de Australia? Un equipo de Ourense ten a clave

A investigadora Milica Stojanovic, do grupo EphysLab da UVigo, centrou o seu traballo en analizar as fontes de humidade da zona