Venres 19 Abril 2024

IdeaLugo, un premio á innovación e o emprendemento no Campus Terra

A terceira edición do Premio IdeaLugo á Innovación e o Emprendemento, un certame promovido polo Grupo El Progreso en colaboración coa USC e Abanca, a través do que se busca identificar, recoñecer e impulsar proxectos innovadores e emprendedores xurdidos arredor do Campus Terra da USC, mantén aberto o prazo de presentación de candidaturas ata o vindeiro día 2 de novembro de 2017.

As persoas interesadas en tomar parte nesta convocatoria, dotada con 5.000 euros en metálico para as tres propostas máis valoradas polo xurado, poden formalizar xa a súa inscrición en liña na web do certame, onde tamén poden consultar as bases, así como a información solicitada aos participantes e os prazos establecidos para a presentación de proxectos.

Publicidade

O apoio a emprendedores con proxectos propios, innovadores e sostibles que contribúan ao desenvolvemento social e económico da provincia de Lugo é unha das pretensións que busca o Premio IdeaLugo. Esta nova convocatoria busca asemade por de manifesto o cometido que cumpre a formación na creación de novas empresas e start-ups, ademais de impulsar e axudar a dinamizar o Campus Terra da USC e as titulacións universitarias que oferta.

O III Premio IdeaLugo á Innovación e Emprendemento, cuxas bases xa están accesibles en liña, está aberto á participación de estudantes e titulados/as da USC egresados/as do campus de Lugo nos últimos anos que teñan un proxecto de emprendemento en fase embrionaria ou de aceleración. As persoas participantes poderán presentar o número de proxectos que desexen, tanto de forma individual como en grupo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da RAG

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

A ciencia confirma que as apertas alivian a dor, a ansiedade e a depresión

Un equipo internacional analiza os beneficios do contacto físico nas persoas a partir da revisión de 212 estudos