160524idealugo

IdeaLugo premia os mellores proxectos empresariais de estudantes do campus

A segunda edición do Premio IdeaLugo á Innovación e o Emprendemento, un certame promovido polo Grupo El Progreso en colaboración coa USC e Abanca, a través do que se busca identificar, recoñecer e impulsar proxectos innovadores e emprendedores xurdidos arredor do campus de Lugo da USC, vén de abrir o prazo de presentación de candidaturas, un período que rematará o 3 de novembro de 2016.

As persoas interesadas en tomar parte nesta convocatoria, dotada con 5.000 euros en metálico para as tres propostas máis valoradas polo xurado, poden formalizar a súa inscrición en liña na web, onde tamén poden consultar as bases, así como a información solicitada aos participantes e os prazos establecidos para a presentación de proxectos.

O apoio a emprendedores con proxectos propios, innovadores e sostibles que contribúan ao desenvolvemento social e económico da provincia de Lugo é unha das pretensións que busca o Premio IdeaLugo. Esta nova convocatoria busca asemade por de manifesto o cometido que cumpre a formación na creación de novas empresas e start-ups, ademais de impulsar e axudar a dinamizar o campus de Lugo da USC e as titulacións universitarias que oferta.

O II Premio IdeaLugo á Innovación e Emprendemento, cuxas bases xa están accesibles en liña, está aberto á participación de estudantes e titulados/as da USC egresados/as do campus de Lugo nos últimos anos que teñan un proxecto de emprendemento en fase embrionaria ou de aceleración. As persoas participantes poderán presentar o número de proxectos que desexen, tanto de forma individual como en grupo.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.