Venres 26 Abril 2024

Homenaxe da UDC a Ignacio Ribas, gran impulsor da Química en Galicia

O salón de actos da Facultade de Ciencias acolle este mércores, 23 de novembro, ás 12:00 horas, unha conferencia de homenaxe ao impulsor da Química en Galicia, Ignacio Ribas Marqués, a cargo de Luis Castedo Expósito.

O acto está organizado pola Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña e a Real Academia Galega de Ciencias con motivo do Día da Ciencia en Galicia 2016.

Publicidade

Luis Castedo Expósito naceu en Céltigos (Ortigueira, A Coruña) en 1938, estudou o Bacharelato e Maxisterio na Coruña. A continuación desprazouse a Santiago para estudar Ciencias Químicas na USC, e realizar o Doutoramento en Química Orgánica baixo a dirección do Profesor Ribas, obtendo a cualificación de Premio Extraordinario en ambas as dúas titulacións. Tras unha estancia posdoutoral de tres anos no Departamento de Química da Universidade de Cambridge, dirixido polo Premio Nobel Lord Todd, obtivo a cátedra de Química Orgánica Biolóxica da Universidade de Bilbao en 1972, trasladándose en 1975 á USC como catedrático de Química Orgánica e Bioquímica.

En 2009 xubilouse e foi nomeado Profesor Emérito. Entre outros nomeamentos, foi director do Colexio Universitario de Ourense, Director do Departamento de Química Orgánica e Decano da Facultade de Química da USC. Tamén foi Director Xeral de Ordenación Universitaria e Política Científica da Xunta de Galicia, etapa na que se crearon as Universidades da Coruña e Vigo, sendo Fernando González Laxe Presidente e Aniceto Núñez Conselleiro de Educación.

Luis Castedo dirixiu 80 Teses de Doutoramento e publicou máis de 450 artigos científicos en revistas internacionais de alto impacto e varios capítulos de libros. É de sinalar, ademais, que 18 dos seus discípulos alcanzaron unha cátedra de universidade e seis están acreditados para catedráticos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UDC patenta un sistema pioneiro que mide a postura vertebral en tempo real

Investigadores do CITENI crean unha tecnoloxía non invasiva e de baixo custo para mellorar o diagnóstico e tratamento das doenzas da columna
00:05:00

O amor, unha cuestión de química?

Substancias químicas como a dopamina espertan o desexo que podemos sentir por alguén, pero só uns vínculos profundos garanten unha relación duradeira

A toxoplasmose é un factor de risco para o envellecemento inflamatorio nos maiores

Un estudo da UDC demostra que as persoas cunha resposta de anticorpos máis forte á infección tiñan máis probabilidades de ser fráxiles

A UDC coordina o primeiro sensor automático en detectar zoonoses a escala mundial

O proxecto está liderado polo grupo do investigador Alejandro Criado. Chámase FLUFET e identifica un amplo espectro de obxectivos virais