gal5

Un total de 29 grupos, na III Xornada de Investigación Biomédica de Ourense

Estimular a xeración dunha masa crítica e multidisciplinar de investigadores capaz de poñer en valor o coñecemento en diversos campos científicos, desenvolvendo novas liñas de investigación conxunta e levando a cabo a solicitude de proxectos de investigación de carácter autonómico, estatal e internacional que redunden en beneficio último da sociedade. Con este obxectivo, arredor de 60 investigadores de 29 grupos do campus de Ourense e do Sergas déronse cita este xoves nas III Xornada de Investigación Biomédica. As tres liñas estratéxicas sobre as que puxeron o seu foco de atención foron saúde pública, tecnoloxías da información no sector saúde e biotecnoloxía.

Segundo explicaron os coordinadores do encontro, Florentino Fernández-Riverola, profesor do Departamento de Informática da Universidade de Vigo, e Berta Uriel, presidenta da comisión de investigación da área Sanitaria de Ourense, aínda que as edicións anteriores das xornadas, celebradas en 2012 e 2014, estiveron centradas na difusión de resultados de traballos conxuntos levados a cabo por investigadores de ambas institucións, nesta ocasión o obxectivo foi a definición de novas liñas de traballo e colaboración, implicando para elo na súa celebración aos xefes de Servizo do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense CHOU e aos investigadores principais do campus de Ourense.

Máis información no seguinte enlace

Investigadores de 29 grupos do campus e do Sergas unen esforzos para dar pulo á I+D+i sanitaria en Ourense

Nunhas xornadas de traballo celebradas estes xoves no Edificio Politécnico Saúde pública, tecnoloxías da información e biotecnoloxía centran o seu interese Estimular a xeración dunha masa crítica e multidisciplinar de investigadores capaz de poñer en valor o coñecemento en diversos campos científicos, desenvolvendo novas liñas de investigación conxunta e levando a cabo a solicitude de proxectos de investigación de carácter autonómico, estatal e internacional que redunden en beneficio último da sociedade.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.