Gonzalo López, no centro, recibe o seu galardón. Foto: USC.

Gonzalo López, no centro, recibe o seu galardón. Foto: USC.

Gonzalo López, veterinario da USC, recibe un premio europeo en Lyon

O veterinario Gonzálo López Lorenzo, membro do grupo de Investigación en Sanidade Animal de Galicia (Invesaga) do Campus Terra da USC vén de recoller en Lyon (Francia) o Premio European PCV2 Award, un galardón dotado con 25.000 euros en metálico e a través do que cada ano a multinacional veterinaria Boehringer Ingelheim distinguen os tres mellores proxectos de investigación europeos sobre Circovirus Porcino Tipo2 (PCV2).

O traballo do investigador chantadino, titulado ‘Aplicación da detección ambiental do PCV2 a través do emprego da qPCR no estudo epidemiolóxico da infección’, propón empregar a detección deste virus en mostras ambientais por qPCR (análise en tempo real da reacción en cadea da polimerasa), para determinar a diseminación e a transmisión do virus nas explotacións, ademais de testar a influencia da vacinación na eliminación do axente vírico polos animais. Esta é a liña de traballo na que Gonzalo basea a súa tese de doutoramento, que está a desenvolver no Departamento de Patoloxía Animal da USC baixo a dirección do profesor Gonzalo Fernández, que tamén forma parte do Invesaga da USC, un equipo catalogado pola Xunta de Galicia como Grupo de Referencia Competitiva.

Os resultados obtidos ao final deste proceso de investigación permitirán establecer medidas máis eficaces e eficientes en relación ao control e á prevención desta enfermidade.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.