Os candidatos terán que mostrar os seus coñecementos en Astronomía.

Os candidatos terán que mostrar os seus coñecementos en Astronomía.

Galiciencia pon en marcha o concurso “Atrévete coa astronomía”

Con motivo da celebración da Galiciencia 2017, celébrase o concurso “Atrévete con Astronomía”, no que os candidatos terán que superar as diferentes probas que teñan como referencia elementos que mostren a parte lúdica dos planetas, os satélites e as estrelas.

Todos os estudantes comprendidos entre os 10 e os 18 anos poderán participar, dividíndose en tres categorías: 4º, 5º, e 6º de Primaria, 1º, 2º, e 3º da ESO e 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato. Os alumnos deben participar en grupo e non de maneira individual.

O concurso consta de dúas fases. A primeira é de carácter non presencial e que consta de tres desafíos que se enviarán por correo electronico para a súa valoración ao correo atrevetecoaastronomía@galiciencia.com. A segunda fase componse de un desafío final que terá lugar o venres 24 de novembro de 11:00h a 12:00h durante a Galiciencia e na que participarán os tres grupos mellor puntuados de cada categoría na fase inicial.

Unha resposta a “Galiciencia pon en marcha o concurso “Atrévete coa astronomía””

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.