A torre de Hércules lucirá de verde.

A torre de Hércules lucirá de verde.

Galicia vístese de verde para que o Monte Pindo sexa parque natural

Galicia vístese de verde para que o Monte Pindo sexa parque natural

Ás portas do 5º aniversario da fundación da Asociación Monte Pindo Parque Natural, espállase por todo o País unha onda de solidariedade coa loita do Olimpo Celta: moitas cidades e concellos vestiranse de verde para impulsar a declaración do Monte Pindo coma Parque Natural, reivindicación que o sábado 17 de outubro cumprirá 5 anos de existencia, nos que a Xunta deu portazo unha e outra vez a unha iniciativa que conxugou un consenso inédito de sociedade (73,3% de apoio), ciencia (30 expertos) e entidades(174).

É por isto que o venres 16 de outubro pola noite, municipios tan dispares coma Carnota, A Coruña, Pontevedra, Compostela, Carballo, Lugo, Vimianzo, Ferrol… verán alumearse de verde os seus monumentos e edificios máis característicos coma xesto simbólico de apoioao Monte Pindo, entre eles varias casas do concello ou a Torre de Hércules.

Máis información no seguinte enlace:

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.