NerdNite_30_marzo

Fukushima, música e Einstein na xustiza, nunha nova edición das Nerdnites en Compostela

O Centro Galego de Arte Contemporánea será este xoves 30 o espazo que acollerá a partir das 21.30 horas unha nova sesión de NerdNite SCQ. Nesta ocasión participan o maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e un dos mellores divulgadores xurídicos de España, José Ramón Chaves, que fará unha aproximación da mirada de Einstein ao universo xurídico.

Pola súa banda, Carlos Paradela Dobarro, do Centro Común de Investigación da Comisión Europea, intervirá coa charla ‘Desmontando Fukushima’. Paradela é o único galego que participa na desmontaxe da central nuclear xaponesa.

Por último, o bioquímico, etnomusicólogo e artesán Pablo Carpintero preguntarase se hai música no home e se a hai nas mulleres.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.