Presentación do libro 'Xeoloxía de Galicia'.

Presentación do libro 'Xeoloxía de Galicia'.

Francisco Canosa presenta no Museo de Historia Natural a súa unidade didáctica Xeoloxía de Galicia

O doutor en Xeoloxía Francisco Canosa presentou este mércores no Museo de Historia Natural,  unidade didáctica Xeoloxía de Galicia, que ten por obxecto dar a coñecer o noso gran patrimonio xeolóxico á vez que axudar ao alumnado de secundaria e bacharelato a o comprender mellor mediante figuras, gráficos e mapas.

Na presentación, organizada pola Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC, participaron tamén a directora do museo e vicepresidenta da asociación, María Isabel Fraga Vila; o director de Cuarzos Industriales e Ramsa, Rafael Fuentes; e o director do proxecto, Roberto Almuíña.

A unidade confórmana 14 láminas nas que se amosa a evolución xeolóxica de Galicia desde a súa orixe ata os nosos días, facendo tamén énfase nas distintas zonas en que está dividida desde o punto de vista xeolóxico, os diferentes tipos de rochas que existen e que minerais industriais se atopan nesta rexión.

O volume fai un énfase especial no seixo, un mineral estratéxico que o Grupo Ferroatlántica explota en 4 xacementos (Mina Sonia, Mina Serrabal e Mina Esmeralda, na provincia da Coruña, e Mina Conchitina na provincia de Lugo) e dos que se inclúe unha lámina de cada unha deles.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.