Cartel do foro sobre ingredientes e aditivos de industrias leiteiras e alimentarias orgaizado pola Aplta. Imaxe: USC.

Cartel do foro sobre ingredientes e aditivos de industrias leiteiras e alimentarias orgaizado pola Aplta. Imaxe: USC.

Foro empresarial sobre a industria leiteira no Campus Terra

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (Aplta) do Campus Terra da USC acolle este xoves, na Facultade de Veterinaria de Lugo, arredor dun centenar de participantes na terceira edición do foro sobre Ingredientes e Aditivos na Industria Leiteira e Alimentaria. A reunión vai dirixida especialmente a responsables e técnicos dos departamentos de I+D+i, márketing, produción e calidade de empresas do sector leiteiro, en particular. Nun contexto máis amplo, diríxese tamén a profesionais do sector alimentario.

O foro de traballo desenvolverase os días 15 e 16 de xuño, e o programa xa esta dispoñible na rede. Participarán compañías multinacionais como Chr. Hansen, DSM, IFF, Frulact, FMC, Beneo, GBI, Ceamsa, Biópolis, CPKelco, un amplo abano de empresas que presentarán en Lugo as súas principais novidades nos aditivos e ingredientes empregados na formulación de alimentos a partir de experiencias e estudos xa desenvolvidos.

A multinacional Mintel e colaboradores do clúster luso de alimentación, Portugal Foods, presentarán neste foro as tendencias actuais dos consumidor, ao tempo que analizarán as futuras demandas globais no ámbito da alimentación, o que servirá ás empresas para orientar próximas estratexias de comercialización dos seus produtos.

A organización habilitará un espazo de presentación de produtos no que as empresas contarán cunha área específica de exposición, cata de prototipos e produtos comerciais nas instalacións de Aplta, cuxas instalacións tamén serán obxecto de visita por parte dos congresistas.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.