.

.

Física, sexo e ‘quidditch’ nas “Nerd Nites” de Santiago

Regresan as “Nerd Nites” a Santiago de Compostela. Esta nova edición da iniciativa de divulgación científica terá lugar este martes 7 a partir das 21.30 horas na Nave de Vidán. Na xornada falarase de temas tan diversos como a física, o sexo e o ‘quidditch‘, deporte que se fixo famoso polos libros de Harry Potter.

Haberá tres charlas. A psicóloga sanitaria e sexóloga Martina González Veiga, fundadora de “Con mucho gusto“, impartirá a sesión “Clítoris 3D“. A continuación, a a presidenta do equipo de ‘quidditch’ Lumos Compostela, Raquel Martínez González, amosará aos asistentes as claves do deporte: “Quidditch, ¿por que un deporte coa vasoira entre as pernas?”. Pola súa parte, o profesor de Física Teórica da USC Javier Mas Solé falará de “Ondas gravitacionais: o universo no tímpano”.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.