Panel informativo sobre a charla. Fonte: USC.

Panel informativo sobre a charla. Fonte: USC.

Exposición pioneira sobre riscos xeolóxicos no Museo de Historia Natural da USC

O Museo de Historia Natural da USC acolle, desde este xoves, unha exposición pioneira no Estado sobre riscos xeolóxicos. A mostra, realizada en colaboración coa delegación en Galicia do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IGME), inaugurase este xoves 20 ás 20 horas. No acto participarán a vicerreitora de Investigación e Innovación da USC, Isabel Rodríguez-Moldes, a directora do Museo, María Isabel Fraga, e o responsable da Delegación Territorial do IGME, Miguel Llorente. A entrada será de balde, no horario de apertura do Museo (de martes a sábado: 11.00-14.00 e 16.30-20.30, e domingos e festivos: 11.00-14.00).

Tal e como amosa a exposición, en Galicia estamos expostos a perigos naturais como inundacións, desprendementos e corrementos de pedras e terras, terremotos e acumulación de gases canceríxenos no interior de edificios, como o radon. A mostra, por tanto, pretende concienciar aos visitantes sobre estes perigos.

Nas maquetas, paneis e elementos interactivos represéntanse de forma realista paisaxes antes e despois de terremotos, inundacións e movementos de ladeiras, con explicacións rigorosas dos aspectos xeolóxicos causantes dos fenómenos que se mostran na superficie.

As persoas visitantes poderán coñecer a importancia de adoptar medidas de prevención na construción de edificios, tanto nas estruturas fronte a terremotos como no illamento e ventilación fronte a gases procedentes das rochas e solos, e a súa localización fóra das zonas con riscos de inundacións e movementos de ladeiras.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.