Expertos internacionais en robótica danse cita na Coruña.

Expertos internacionais en robótica danse cita na Coruña.

Expertos internacionais en robótica danse cita na Coruña

O Castelo de Santa Cruz, en Oleiros, está a acoller unha reunión científica de robótica organizada polos investigadores do Grupo Integrado de Enxeñaría do Campus de Ferrol da Universidade da Coruña. Dentro deste marco, presentouse o ROBOBO, un robot autónomo realizado polos investigadores deste grupo, cunha gran acollida entre os participantes deste evento científico. Investigadores deste Grupo traballan no desenvolvemento dunha nova xeración de robots que ademais de realizar accións básicas programadas poidan incorporar procesos de aprendizaxe na realización das súas habilidades.

A reunión de Santa Cruz é a segunda “Hackademia” e englóbase dentro do proxecto europeo DREAM, e consiste nunha reunión de traballo que reúne a máis de 25 investigadores das cinco universidades involucradas en dito proxecto: Université Pierre et Marie Curie (coordinadora), ENSTA ParisTech, VU Amsterdam, Queen Mary University e Universidade da Coruña. Durante estes catro días, (a reunión comezou o luns), os investigadores realizarán diferentes grupos de traballo nas liñas que enfronta o proxecto DREAM, todas elas relacionadas coa incorporación de procesos de consolidación do coñecemento en arquitecturas cognitivas para robots autónomos. Algúns destes grupos centraranse en aspectos máis teóricos do proxecto mentres que outros estarán enfocados á realización de demostracións prácticas con robots.

A segunda Hackademia reúne a máis de 25 investigadores europeos do proxecto DREAM

O Grupo Integrado de Enxeñaría, GII,  é un grupo interdisciplinar de investigación aplicada en enxeñaría, orientado á transferencia de coñecemento e á xeración de novos produtos no contorno industrial. O GII, desde a súa creación en 1999, está ubicado no Campus de Ferrol da Universidade da Coruña. Está formado por un conxunto interdisciplinar de profesionais, configurando un equipo estable con gran capacidade e experiencia. A súa orixe e vinculación ás Escolas de Enxeñaría desta Universidad motiva un predominio desta disciplina no perfil dos técnicos: enxeñeiros navais, industriais, eléctricos, informáticos, telecomunicacións, deseño, etc. A actividade do GII céntrase arredor de dous eixos estratéxicos: a xeración de coñecemento científico e a transferencia de tecnoloxía á industria.

A investigación científica estrutúrase a través das seguintes liñas: Enxeñaría Naval, Dinámica de Fluidos, Intelixencia Computacional, Robótica, Sistemas de Medida e Sensorización e Organización Industrial. Grazas aos máis de douscentos proxectos de investigación desenvolvidos, o GII está posicionado como un grupo de referencia nos seus ámbitos de actuación, establecendo colaboracións estables con organismos relevantes nacionais e internacionais. A través dun adecuado proceso de transferencia, os resultados desta investigación impulsan o desenvolvemento de numerosas solucións tecnolóxicas en sectores tales como o Naval, Off-Shore, Enerxía, Servizos Avanzados, Industria ou Loxística.

Unha resposta a “Expertos internacionais en robótica danse cita na Coruña”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.