Xoves 25 Abril 2024

Expertos en esqueletos e momias analizaron en Santiago a dieta de comunidades antigas

Expertos en esqueletos e momias analizaron en Santiago a dieta de comunidades antigas

Procedentes dunha ducia de países, un cento de especialistas no estudo de esqueletos e momias xuntáronse recentemente na Facultade de Bioloxía da USC para explorar as distintas conexións entre a paleodieta e a paleopatoloxía con especial interese na aplicación dos máis modernos métodos bioxeoquímicos (ADN, isótopos estables ou proteómica, entre outros). Ao longo de dous días de encontro presentáronse unha vintena de relatorios e pósteres sobre cuestións como a intoxicación por chumbo debido ao consumo de ron nas illas Orientais, o achado de ovellas finlandesas medievais alimentadas a bases de peixe e feces humanas ou a identificación de casos de lepra na Europa Medieval mediante ADN antigo.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Autopsia a unha momia de serea

Por Iria Souto Castro, investigadora de Historia Antiga na UVigo

Os perigos das dietas de despois do Nadal: a ciencia bate contra o marketing

Amparados en estratexias económicas, medios e blogues empezan a difundir centos de pseudoréximes milagre para aproveitar a fin das festas

Descobren os restos intactos dun cachorro de león cavernario de 28.000 anos

Descuberto conxelado no permafrost siberiano, está tan ben conservado que aínda se poden distinguir todos e cada un dos seus bigotes

Un cambio na dieta pode reducir un 22% o risco de cancro de colon nos homes

Un estudo publicado en BMC Medicine suxire que unha dieta vexetal está asociada cun menor risco de desenvolver cancro colorrectal